Skip to main content
Axenda Caducada

Novo curso de comercialización de castaña ecolóxica en Chantada

Por 16 Agosto, 2021Setembro 7th, 2021Sin comentarios

Chantada acolle un curso de comercialización de castaña ecolóxica o vindeiro 6 de setembro. O curso celebrarase na aula Cemit en Chantada e levarase a cabo durante todo o día.

O curso comezará ás 9 horas coa presentación da xornada. Ás 9.15 tratarase a situación do mercado de produto de castaña ecolóxica. Xa ás 11.20 horas será o turno de explicar o novo regulamento para, posteriormente, realizar unha comunicación ambiental de produtos ecolóxicos. Para finalizar a parte teórica realizarase un coloquio. Pola tarde farase unha parte práctica que rematará ás 18 horas.

Deste xeito, o obxectivo principal deste curso é informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro.

Para inscribirse é preciso cubrir un impreso que aparece nas redes sociais do Concello de Chantada e enviar a clientes@sinerxia.es para facer a inscrición e/ou solicitar máis información.