Skip to main content
Axenda Caducada

Abre unha mostra sobre o Alzheimer no Pazo de San Marcos

Por 19 Agosto, 2021Agosto 23rd, 2021Sin comentarios

A exposición Tecendo rede. Tecendo recordos, con paneis fotográficos que amosan o traballo que realizan as asociacións galegas de alzheimer para manter e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias e dos seus familiares, vén de abrir as súas portas en Lugo.

Na inauguración da mostra estiveron presentes a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, e a vicepresidenta da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (Afalu) e a vicepresidenta 2ª da Federación Galega (Fagal), Iria Franco Pena.

Franco explicau que se trata dunha exposición itinerante con motivo da campaña do Día Mundial do Alzheimer 2021. Lugo foi punto de partida dun percorrido que levará esta iniciativa a multitude de destinos de toda a xeografía galega onde están constituídas as AFA (Asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer), desde agosto ata decembro deste ano.

O Pazo de San Marcos acolle oficialmente esta mostra na sala de exposicións da Deputación, que se poderá visitar ata o 23 de agosto. A iniciativa busca mostrar o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións galegas de Alzheimer e outras demencias, que se intensificou nun ano complexo por mor da pandemia da covid-19.

Tal e como aseverou a vicepresidenta Maite Ferreiro na presentación, “é imprescindible dar visibilidade a todo o que hai detrás deste enfermidade neurodexenerativa e doutras demencias, así como brindar apoio ás familias e fortalecer a rede que teñen creada para ofrecer información e dar a coñecer o Alzheimer”.

Encarna Lago sinalou que “os museos representan espazos onde se pode traballar de xeito preventivo o envellecemento activo, pois temos unha infraestutura de centros de memoria que contribúen a mellorar a situación de persoas coidadoras e enfermos”.

Desde Afalu convidaron a toda a cidadanía de Lugo a que se chegue a ver a exposición, “unha selección fotográfica que conxuga moi ben o labor que facemos desde as asociacións coas persoas que padecen este tipo de demencias e moi especialmente coas súas familias”.