Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba acolle este domingo o programa Saborea a túa Provincia

Por 20 Agosto, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

Chega este domingo ao Concello de Vilalba o programa gastronómico e lúdico Saborea a túa provincia, posto en marcha pola Deputación de Lugo co obxectivo de promocionar e incentivar o consumo dos produtos locais de calidade e dinamizar a economía dos municipios para acelerar a recuperación tras a pandemia.

As actividades, todas elas de balde, desenvolveranse na praza da Constitución dende as 12.00 horas comezando con varios obradoiros de cociña dirixidos á infancia. Ademais, ás 12:15h haberá unha demostración culinaria e degustación.

Ás 13h terá lugar unha charla informativa sobre o Porco Celta a cargo de Cruz Pomares, Técnica Veterinaria da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asporcel). Ademais, o grupo local Buxos Verdes animará coa súa música desde as 13:30h.

Durante a tarde, ás 18.00 horas está previsto o espectáculo do Mago Rafa. Os asistentes ás actividades poderán participar nun sorteo de produtos de proximidade da provincia de Lugo que se celebrará ás 19:00. Ademais, ás 19:30 terá lugar a actuación musical do grupo Atlántica.

Por último, a xornada pecharase cunha degustación de produtos de proximidade ás 20:00.

Controlarase o acceso ás distintas actividades, pero non será necesario reservar previamente. O aforo do evento será limitado a 100 persoas dentro do recinto para cada actividade, 20 persoas no obradoiro de cociña para a infancia e ata 100 persoas na degustación. Todas as actividades do programa organizaranse atendendo ós protocolos sanitarios vixentes.