Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba prepárase para sacar de novo o comercio á rúa

Por 20 Agosto, 2021Agosto 28th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes volverá celebrar este ano o Comercio na Rúa, que terá en lugar en Vilalba do 26 ao 28 de agosto, coincidindo co inicio das festividades de San Ramón e Santa María.

Así, dexoves a sábado de xeito ininterrompido o comercio asociado sacará o seus produtos ás beirarrúas, co fin de proxectar as vantaxes do comercio local e de proximidade nunhas datas tan sinaladas para a veciñanza e aproveitar, ao tempo, a chegada de visitantes e turistas co obxectivo de incentivar o consumo.

Na cita participarán 21 comercios de todos os sectores, dende o textil ao da decoración, pasando por negocios de perruquería e de venta de electrodomésticos, que encherán de ledicia e cor as principais rúas do casco urbano de Vilalba, co obxectivo de atraer a veciños/as e visitantes para que coñezan de preto o que ofrece o comercio de Vilalba.

Participarán nesta primeira iniciativa Novalux Óptica, Carapuchiña Vermella, Maymar, O Gato con Botas, Acheite, O Tenderete, Sanjurjo Moda, Texas, Cárber Moda, Albosat (Milar), Casabedra Moda, Retoños, Urbo e Zokos, que repiten do ano pasado, e engádense A Chave dos Soños, As Nubes Moda, Carlin, Go & Vac, Lanas Pingüín Corsetería, Luis Castro e Qué Ves Óptica e Audición.