Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un curso de prevención de riscos no sector forestal en Guitiriz

Por 20 Agosto, 2021Setembro 15th, 2021Sin comentarios

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) organiza un curso de prevención de riscos laborais,  que se impartirá en Guitiriz do 13 ao 15 de setembro en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas.

Esta acción formativa estará centrada no manexo de motoserras e rozadoras e ten só oito prazas. Conta cunha parte teórica e outra práctica ao longo de 15 horas de traballo.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo para apuntarse ata o día 9 de setembro por correo electrónico no issga.formacion@xunta.gal. Para máis información pódese chamar ao 981 551 704.