Skip to main content
Axenda Caducada

Sotavento remata esta semana as actividades de verán

Por 23 Agosto, 2021Agosto 30th, 2021Sin comentarios

O parque eólico experimental de Sotavento continuará esta semana coas tres últimas actividades organizadas este verán, que combinan as realiadas nas instalacións e na contorna. Trala celebración da xornada especial centrada na vivenda bioclimática no aforro e na eficiencia enerxética e do co cicuíto de orientación, o día 25 haberá prácticas sobre os diferentes sistemas de aproveitamento solar e se o tempo o permite haberá degustación de chocolate nunha cociña solar parabólica.

O venres 27 será a ruta do vento que consistirá nunha pequena andaina entre os aeroxeradores e a visita ao interior dun. E xa por último o 30 de agosto será o día especial para os nenos cun taller relacionado coa enerxía eólica e renovables.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 652 808 173.