Skip to main content
Axenda Caducada

Acordeireta fará un concerto no Páramo o 25 de agosto

Por 22 Agosto, 2021Agosto 26th, 2021Sin comentarios

Volve a música tradicional ao Páramo co concerto de Acordeireta. Loitar Cantando é o primeiro traballo deste dúo de gran variedade instrumental e rítmica, cun estilo único, fresco e contundente. O repertorio consta de temas tradicionais, de autor e dunha gran parte de composicións propias.

O dúo está formado por Patricia González e Alejandro Balbuena que xuntan o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas e por reivindicar temas sociais dos nosos tempos.

O concerto levarase a cabo o mércores 25 de agosto ás 16 horas no campo da feira do Páramo. A entrada é libre ata completar aforo.