Skip to main content
Axenda Caducada

Novo concerto o domingo na Pobra do Brollón

Por 24 Agosto, 2021Agosto 29th, 2021Sin comentarios

Este domingo 29 culmina agosto na Guimaralia co concerto de Ale. Acompañado pola súa banda, Alexandro González presenta en Salcedo o seu proxecto en solitario. Un concerto que se celebrará diante do local multiusos, ás 20 horas.

Así pois, para poder asistir é preciso reservar por WhatsApp no número de teléfono 650 624 828. Unha actuación coa que remata a actividade cultural de verán na Pobra do Brollón.