Skip to main content
Axenda Caducada

Finalmente haberá Festa dos Chóferes de Alfoz

Por 30 Agosto, 2021Setembro 5th, 2021Sin comentarios

O Concello de Alfoz cancelou a edición deste ano da súa cita de verán, a Festa dos Chóferes, que se ía celebrar o 30 e 31 de xullo e 1 de agosto. Así, comunicaron que tralos cambios das restricións celebrarase para os días 3, 4 e 5 de setembro.

A festa dará comezo o venres 3 coa verbena do Grupo Montreal a partir das 22.30 horas, e ao día seguinte será a misa solemne ás 13.30 horas seguida da sesión vermú co Dúo Epo-k. Xa pola noite volverá a verbena ás 21.00 horas coa orquestra La Oca Banda e a discoteca Eventec.

Na xornada do domingo desfrutarse da esperada procesión de vehículos polas parroquias do Concello a partir das 11.00 horas, e seguirá coa misa ás 13.30 horas, a bendición dos coches e a sesión vermú a cargo do Grupo Lume.

Os tres días de festa haberá polbo á feira, churrasco e xamón cocido.