Skip to main content
Axenda Caducada

A maxia de Dani García remata este sábado a programación cultural de Friol para agosto

Por 27 Agosto, 2021Agosto 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol remata esta fin de semana co programa cultural que prepararon para o mes de agosto e que se desenvolveu os sábados pola tarde.

Así, este sábado, día 28 de agosto, actuará Dani García, aínda que nun principio estaba previsto que o fixese Truque Matruque pero intermcambiaron datas.

A actuación terá lugar ás 18.30 horas na praza Andón Cebreiro de Friol e será maxia para as familias.