Skip to main content
Axenda Caducada

Xa hai data para o concerto final do certame Mamá, quero cantar! de Mondoñedo

Por 30 Agosto, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo e a Escola de Música están a organizar o concerto final da VII edición do certame de canto Mamá,quero cantar!.

O concurso atópase na súa fase final, tras ter recibido ao longo do certame clases de técnica vocal, técnicas de gravación en estudo, relaxación para músicos, posta en escena e técnicas de superación de medo escénico, nas instalacións da Escola de Música.

Así, durante o venres 10 de setembro os finalistas interpretarán no concerto do Auditorio Pascual Veiga as súas cancións ás 20.30 horas.