Skip to main content
Axenda Caducada

Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza un roteiro por Guitiriz

Por 31 Agosto, 2021Setembro 18th, 2021Sin comentarios

A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde prepara un roteiro para o sábado 18 de setembro por Guitiriz. O punto de xuntanza será ás 9.00 horas na praza de Castroverde e seguirá ás 9.20 horas na gasoliñeira do Carqueixo para así ás 10.00 horas comezar a camiñada.

Visitaranse os lugares máis significativos vinculados ao poeta Díaz Castro e tamén os Calvarios de Os Vilares e o de Buriz.
Dende a organización pregán a confirmación  dá asistencia antes do día 12 de setembro no 659 523 960 ou por correo electrónico a amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com.

Haberá un límite de 24 prazas e terán preferencia os socios. Ademais contarán cun xantar nun lugar o máis axeitado posible. O prezo desta excursión é de 30 euros e o percorrido duns 10 quilómetros.