Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Antas de Ulla imparte unha nova formación

Por 10 Agosto, 2021Setembro 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla realiza un curso formativo sobre como aprender a facer unha xestión integral de piñeiros. Trátase dun curso formativo teórico práctico de 40 horas que se levará a cabo nos días 13, 14, 20, 21 e 27 do mes de setembro e 4 e 11 de outubro de 15 a 19 horas. En canto ao 28 de setembro e o 18 de outubro, o horario será de 14 a 20 horas.

As prazas son limitadas polo que é preciso reservar no enderezo electrónico concellodeantasdeulla@gmail.com ou en información@foresin.es; ou no número de teléfono 982 379 251 ou no 680 208 320. Así mesmo, o espazo onde se realizará será na casa da cultura de Antas de Ulla.

As accións formativas -que contarán cunha duración de 40 horas – centraranse en que os asistentes consigan unha formación adecuada para realizar unha xestión integral de piñeiros nas súas explotacións sen emprego de persoal auxiliar.