Skip to main content
Axenda Caducada

O festival itinerante Todos os camiños estará en Lugo, Rábade e Sarria

Por 23 Agosto, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

O festival itinerante, Todos os camiños, promove o turismo e a promoción do Camiño de Santiago como destino cultural por medio de concertos de distintos artistas galegos e comezará en Lugo o domingo 29 de agosto ás 20.00 horas con Telmo Fernández, The Latin Soul Jazz Beat!.

Este evento será na praza Anxo Fernández Gómez e contará con 12 músicos internacionais (Cuba, Venezuela, Francia, España) algúns vellos coñecidos na escea da música latina en Galicia, residentes na nosa comunidade.

Haberá composicións e arranxos orixinais do guitarrista galego Telmo Fernández e a colaboración especial do afamado e gañador dun Grammy Latino, o mellor disco de latin jazz, Miguel Blanco (Jerry González, Chico O´Farril).

Xa en setembro a vila de Rábade e a de Sarria poderán desfrutar do concerto de Iria Estévez, Artur Caldeira, Daniel Paredes, unha das máximas expoñentes no Fado, invitada habitual en Braga, Oporto e Lisboa dentro das xornadas de intercambio galaico-protuguesas, Festival Converxencias e outros.

Estará o 24 de setembro ás 21.00 horas na praza de España de Rábade e o 25 na praza da Vila de Sarria ás 19.00 horas.