Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O lucense Mario Dovale volta á selección española de voleibol

Por 4 Agosto, 2021Sin comentarios

O lucense Mario Dovale foi convocado este pasado martes para o Campionato de Europa e os partidos amistosos previos. O xogador do Club Voleibol Emevé masculino, co que renovou no pasado mes de maio, volverá a lucir de novo a camiseta dos Red Lynxes.

Unha convocatoria máis na que o lucense, de tan só 22 anos, poderá disfrutar entre os mellores xogadores nesta selección absoluta nacional.

Así pois, o campionato europeo realizarase do 1 ao 19 de setembro en catro sedes diferentes: República Checa, Estonia, Finlandia e Polonia, baixo a organización da Confederación Europea de Voleibol e as federacións nacionais das respectivas sedes.