Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo consegue un punto no primeiro partido de liga

Por 16 Agosto, 2021Sin comentarios

O CD Lugo logra empatar a dous e sacar un punto nun partido no que dominou o Real Oviedo. Desta maneira, o equipo local comezou gañando, primeiro cun gol no minuto 30 e, poucos minutos despois, Obeng puxo máis distancia no marcador despois dun erro defensivo.

Sen embargo, Rubén Albés acertou cos cambios que efectuou e o Lugo comezou a recortar distancias. Primeiro no minuto 79, a través dun rechace de Carrillo, dubidoso por fóra de xogo, que acabou subindo ao marcador e, posteriormente, cun penalti que transformou Joselu e que se pitou grazas ao Var.

Un reparto de puntos que fai que o Lugo se enchufe á Liga e se esqueza das malas sensacións dalgúns partidos de preparación de tempada.