Skip to main content
Antas de Ulla

A banda municipal de Vilalba chega a Antas de Ulla

Por 6 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla ofrece un concerto da banda municipal de Vilalba o vindeiro martes día 10 de agosto. Un concerto para desfrutar da música en directo, así coma aproveitar o día da feira de Antas.

A banda municipal de Vilalba nace despois de crear no Concello de Vilalba en 1987, unha escola de música. Unha vila con ampla tradición musical que conta con esta asociación, que ten por finalidade a difusión e promoción da música de bandas tradicional.

A actuación atópase dentro do programa Musiqueando pola provincia de Lugo e realizarase ás 13 horas na praza de España -diante do Concello-.