Skip to main content
Antas de Ulla

Antas de Ulla acolle unha convivencia de teatro

Por 12 Agosto, 2021Sin comentarios

O grupo de teatro de Antas de Ulla organiza unha convivencia de teatro os días 18, 19 e 20 de agosto nas Canteiras para nenos e nenas a partir dos 3 anos.

Entre as actividades que se inclúen atópase un obradoiro de contar historias a través do cómic, unha gravación dunha curta, música, baile, contacontos e moitas outras máis, para que nenos e nenas aprendan de forma lúdica e amena. Así mesmo, é unha forma de que os participantes se inicien de maneira básica neste mundo.

A convivencia realizarase entre as 17 e as 20 horas nas Canteiras e todas as actividades se realizarán ao aire libre con todas as medidas sanitarias correspondentes.