Skip to main content
Castroverde

O Concello de Castroverde prepara un servizo de Madrugadores para o novo curso

Por 22 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Castroverde e o CPI Plurilingüe do municipio prepara un servizo de madrugadores para o novo curso escolar. Con este servizo ps pais poderán conciliar a súa vida laboral deixando aos fillo con persoal especializado antes da entrada ás clases.

O horario será de 7.00 a 9.35 horas durante todos os días lectivos no salón de actos do CPI de Castroverde.

Este servizo, que é gratuíto e no que poderán levar o almorzo da casa, dará comezo o xoves 9 de setembro. Para participar haberá que inscribirse nas oficinas do Concello.