Skip to main content
A Fonsagrada

O contacontos Pedro Brandariz aterra na Fonsagrada

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 21 de agosto chega o xa mítico contacontos Pedro Brandariz a Fonsagrada. O actor e cómico coruñés realizará un dos seus espectáculos máis coñecidos Contos e outras andrómenas. Así pois, o acto estará protagonizado polo fantasma Cataplasma e polas aventuras nas que remata metido.

Un espectáculo cheo de humor no que Brandariz tamén busca traballar a educación en valores e a recuperación das tradicións. Por iso, dende a actuación búscase ensinar a importancia da corresponsabilidade no fogar para lograr a igualdade de xénero, a través de actos tan sinxelos coma repartir as tarefas da casa.

A cita será ás 19 horas na praza de España da Fonsagrada e contará e ensinará, aos máis pequenos e pequenas, en clave de humor, aspectos relativos a temas de importancia. Dende a organización recordan que o aforo é limitado e que se terán en conta as recomendacións das autoridades sanitarias.