Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol cancela a Feira do Gando Vacún deste ano 2021

Por 17 Agosto, 2021Agosto 18th, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol cancela a Feira do Gando Vacún deste ano 2021, así o comunicou o alcalde, José ángel Santos “vendo a actual situación sanitaria que atravesa a Comunidade, o Concello de Friol lamenta ter que comunicar a cancelación da que sería a 10ª Edición da Feira”.

“Valorando os acontecementos que se están a suceder e o nivel de contaxios que se están producindo nas últimas semanas en toda a Comunidade, o Concello de Friol decidiu, por seguridade sanitaria da poboación de Friol principalmente, e por suposto por seguridade dos centos de persoas que se poderían xuntar na súa afamada Feira do Gando Vacún, que estaba sendo un referente en este sector, que o mellor sería pospoñer, por segundo ano consecutivo, a celebración da citada Feira”, informou o rexedor.

Santos lamenta ter que tomar de novo esta difícil decisión, posto que afectará negativamente a moitas familias do municipio “para nós é unha decisión moi dura e dolorosa, xa que estabamos moi ilusionados con poder realizar esta feira no mes de outubro, cando os casos xa debían ir remitindo e a situación sanitaria estaría máis controlada”.

Ademais tamén recalca que “como o gando é unha parte fundamental e moi importante do noso Concello, unha feira adicada ó gando vacún de carne, en este caso, é unha boa maneira de seguir apoiando e impulsando o sector gandeiro en particular e o rural en xeral, imprescindibles en Friol, ademais de tentar dar vida, con esta celebración, ós establecementos e comercios do municipio, polo que a rabia é ainda maior”.

Dende o Concello de Friol piden desculpas por decidir cancelar unha celebración máis, polos motivos que xa se coñecen, e agradecen a comprensión de toda a poboación de Friol e dos arredores, pola súa comprensión, e agardan que sexa a última que deben cancelar por estes motivos.