Skip to main content
Guntín

Destinan máis de 100.000 á mellora de infraestruturas rurais en Guntín

Por 26 Agosto, 2021Sin comentarios

A Xunta ten consignados máis de 100.000 euros para a mellora de infraestruturas rurais no Concello de Guntín, dirixidos á necesidade de arranxar os camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas, tendo en conta o importante número de explotacións cos que conta a localidade -principalmente de vacún de leite e avícolas- e o tipo de maquinaria que soen empregar.

O Concello de Guntín ten asignados 66.189 euros no seo do Plan Marco 2021-2022, que ten como obxectivo o acondicionamento das vías que dan acceso aos predios agrarios para facilitar a accesibilidade e vertebración do territorio dinamizando o tecido produtivo e contribuíndo á mellora da capacidade organizativa destas áreas rurais.

A este investimento súmanse os 40.000 euros concedidos ao Concello de Guntín para arranxar o firme da estrada de acceso de Francos a Navallos, no marco do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) 2020. Unhas obras que veñen de executarse.