Skip to main content
Lugo

A Anexa celebra o campamento de verán Mochilín

Por 1 Agosto, 2021Sin comentarios

Continúa o campamento de verán Mochilín 2021 no Ceip Anexa de Lugo, dirixido a todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos que queiran disfrutar de diferentes actividades, así coma deportes, xogos e excursións.

O campamento realizarase de luns a venres de 9 a 14 horas durante agosto e do 1 ao 7 de setembro. Un verán cargado de excursións, obradoiros variados e educativos, distintos deportes, xogos tradicionais, coreografías e bailes, xogos de animación, actividades pola cidade e inchables, entre moitas outras.

Así pois, é unha forma de aprender de maneira lúdica e divertida para que os nenos e nenas pasen un verán diferente e de ocio. Ademais, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

Para máis información pódese consultar no teléfono 606 253 231.