Skip to main content
Lugo

Continúan as actuacións de mantemento na rede de alumeado público en Lugo

Por 2 Agosto, 2021Sin comentarios

A área de Infraestruturas do Concello de Lugo realizou nas últimas semanas unha serie de operacións de mantemento da rede de alumeado público no barrio da Cheda.

Rubén Arroxo explicou que “estas actuacións realízanse de xeito periódico segundo vaia sendo necesario actuar nas distintas zonas ao ir chegando as lámpadas do alumeado público ao final da súa vida útil”.

O tenente alcalde destacou o traballo realizado pola área de Infraestruturas no mantemento e renovación da rede de alumeado público municipal.

No barrio da Cheda, está previsto substituír 64 lámpadas, que se unen ás distintas actuacións realizadas nos últimos dous anos que contaron cun investimento de máis de 2.5 millóns de euros adicados a renovar a rede de alumeado e a mellorar a eficiencia enerxética, ademais de reducir as zonas escuras da cidade, mellorando a seguridade da veciñanza durante as noites.

Nos últimos dous anos, renovouse o alumeado en máis de 10 zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas como a avenida Filharmónica Lucense, que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio instaladas na cidade.

Desde a área de Infraestruturas continúase a investir na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade, como a renovación do alumeado de Montirón, en proceso de contratación ou a renovación do barrio da Residencia e o grupo da Paz, que está próximo a comezar.