Skip to main content
Lugo

Nenea, medrar creando realiza diferentes actividades en agosto

Por 4 Agosto, 2021Sin comentarios

A Asociación Nenea, medrar creando acolle este vindeiro agosto o programa Aventura no bosque. Trátase dunha serie de actividades nas que cada día haberá unha temática diferente e nas que se realizarán diferentes xogos, obradoiros e excursións. Desta maneira, as actividades realizaranse en horario de mañá de 10 a 14 horas, de luns a venres.

Algunha das actividades que se levarán a cabo serán rutas, obras de teatro, manualidades e baile, entre moitas outras. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 9 anos e realizaranse diferentes quendas neste mes de agosto: unha do 9 ao 13, outra do 16 ao 20 e, a última, do 23 ao 27 de agosto.

Os participantes estarán divididos en grupos pequenos de entre 1 e 7 nenos e nenas e divertiranse e gozarán das diferentes actividades na natureza. Así mesmo, o lugar onde se levará a cabo será na antiga escola unitaria de San Xoán do Alto. Un programa cheo de variedade no que os participantes pasarán unhas xornadas de ocio e de aprendizaxe.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar no enderezo electrónico gruponeneando@nenea.es ou no número de teléfono 652 847 317 (preferiblemente por WhatsApp).