Skip to main content
Lugo

Aprobados os pregos para a colocación das casetas do polbo no San Froilán

Por 4 Agosto, 2021Sin comentarios

Rubén Arroxo informou, no día de hoxe, da aprobación dos pregos que rexerán a colocación das casetas do polbo no San Froilán 2021. Así pois, dende o Concello indicaron que as medidas sanitarias que existen permiten a instalación das casetas do polbo no San Froilán.

Rubén Arroxo explicou que se repetirá o prezo de saída das casetas en relación ao ano 2015 e, en canto aos caldeiros, manterán o prezo do ano 2016, que serán modificados con tres tramos segundo as cabidas permitidas na hostalería.

Así, cada unha das empresas interesadas presentarán prezos para a licitación das casetas para unha situación de cabida ao 100%, para o treito inferior ao 100% pero superior ao 50% de cabida e para o treito entre o 30 e o 50% de cabida. No caso de limitarse a cabida dos establecementos de hostalería nunha porcentaxe inferior ao 30%, poderase optar por non exercer a actividade ou continuar coa categoría inferior (cabida entre o 30 e o 50%).

Rubén Arroxo afirmou que “a área de Cultura está a traballar en distintos formatos para esta edición do San Froilán”, e engadiu “segundo vaia avanzando a situación sanitaria, decidirase que modelo se levará adiante, sempre tendo en conta a necesidade de garantir en todo momento o cumprimento das medidas de prevención, mantendo viva a gran festa do outono galego”.

Prezos

Os prezos das casetas do polbo manteranse do mesmo xeito que nos últimos anos, coa ración de polbo (250g) a 12 euros, a ración de pan e de cachelos (200g) a 1,50 euros e a botella de viño (3/4l) a 6 euros.