Skip to main content
Lugo

Continúa o convenio de colaboración entre a Asociación Michos e o Concello de Lugo

Por 6 Agosto, 2021Sin comentarios

Xa se firmou o convenio de colaboración entre o Concello e Asociación Protectora de Gatos da Rúa Michos para a xestión das colonias de gatos na cidade. O acordo orzamentario entre o equipo de goberno e a asociación fixo posible que, novamente, a achega económica asignada a este convenio ascendera a 15.000 euros.

O obxectivo deste convenio é acadar a diminución do número de integrantes dos grupos, á vez que se supervisan sanitariamente incorporando á súa vez o desenvolvemento das redes de voluntariado para a xestión de colonias de gatos urbanos, así como facendo posible o mantemento dun sistema en rede que fomente e xestione as adopcións daqueles gatos que sexan susceptibles de selo.

Xa noutra orde de asuntos, na sesión desta semana procedeuse á penalización a empresa encargada da subministración de 48 traxes de intervención con arnés para o servizo de prevención, extinción de incendios do Concello de Lugo, cunha sanción de 2.436,48 euros a razón de 51,84 euros por 47 días de retraso no plazo de entrega dos mesmos. Así como a aprobación da contratación de placas balísticas e pezas de uniformidade para a Policia Local por importe de 44.664 e 36.931 respectivamente.

Aprobáronse tamén tres licenzas para acometer diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal, concretamente, unha rampla de acceso á Igrexa de Santiago A Nova; unha actuación de mellora nun edificio de vivendas sito na rúa Oribio cun orzamento de obra de 14.420 euros e unha rehabilitación nunha vivenda unifamiliar na rúa Ramón Montenegro cuxo presuposto de obra ascende a 164.720,88 euros.