Skip to main content
Lugo

O barrio do Carme acolle unha serie de actos

Por 10 Agosto, 2021Agosto 11th, 2021Sin comentarios

O barrio do Carme acollerá no día de hoxe unha programación de actos para a veciñanza con motivo da finalización das obras de mellora e humanización do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX no barrio do Carme. A celebración estará composta por unha serie de actividades culturais, artísticas e sociais para todas as idades que comezará ás 18.30 horas.

Así pois, planificouse unha ampla e variada axenda de actividades ao aire libre e para tódalas idades que se desenvolverán durante a tarde do martes 10 de agosto. A xornada dará comezo cun percorrido guiado, que partirá ás 18.30 horas dende a praciña do Carme (fronte Portamiñá), e transcurrirá a través do Camiño Primitivo e a Vía XIX e onde todos os asistentes poderán ver e coñecer as diferentes actuacións de recuperación de camiños, muros e elementos singulares así como a instalación de varandas, de mobiliario urbano e dun sistema de iluminación mediante balizas, na contorna.

Ao final do percorrido guiado, os asistentes poderán disfrutar dunha exposición, que conta con información de interese das diferentes actuacións que se atopan dentro da estratexia DUSI Muramiñae. Na mesma ubicación todos os veciños e veciñas de Lugo estarán convidados a unha merenda saudable, en formato picnic ao tempo que gozarán de música en directo da man de Sara Nebra, cantautora lucense que experimenta coa música popular galega e a modernidade da electrónica.

Estas actuacións enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% polos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e ao 20% polo Concello de Lugo, cuxa finalidade é integrar o Miño na cidade a través do Carme e facer así unha cidade máis verde, máis sostible e máis integradora.