Skip to main content
Lugo

Último xoves do ciclo de espectáculos Tarde e Tardiña en Lugo

Por 16 Agosto, 2021Sin comentarios

Continúa a terceira edición do ciclo de espectáculos para público infantil e familiar Tarde e Tardiña en Lugo. Así pois, dito ciclo consiste nunha serie de actuacións de música, teatro e narración oral que se poderán ver e desfrutar na Canella do Hospital durante as tardes dos xoves. Desta forma, o horario do espectáculo para público familiar será ás 18.30 horas, mentras que para o público adulto será ás 21 horas.

Este xoves 19 de agosto será o que finalice este ciclo de actuacións. O primeiro espectáculo será Nono, de Pistacatro, onde se poderá disfrutar de malabares, mimo, manipulación de marionetas, clown e un mundo sen palabras. Unha actuación chea de humor dirixida a todos os públicos e cunha duración de 40 minutos.

Para rematar, ás 21 horas, será o turno de Tres tristes tigres, protagonizada por Xiana Arias, Beiro Molina, Olalla Cociña e Jesús Castro que tratan versos prófugos no código morse da xeografía lucense. Este espectáculo vén da man da evocación melancólica das fonsagradinas Xiana Arias e o explorador de sons Berio Molina, a lucidez somnámbula da viveirense Olalla Cociña e o verso revelación do pastoricense Jesús Castro.