Skip to main content
Lugo

O prazo de inscrición da Escola Palimoco de teatro e danza segue aberto

Por 17 Agosto, 2021Sin comentarios

A Escola Palimoco de teatro e danza de Lugo continúa co prazo de inscrición para o novo curso 2021-2022 aberto. Así pois, todas aquelas persoas interesadas poderán apuntarse ata que se completen os grupos.

Desta maneira, os grupos dependerán da idade dos participantes. En primeiro lugar, está o grupo dos Magníficos no que estarán os nenos e nenas de 3 a 5 anos. Os de 6 a 7 anos contarán co grupo Meteoro Rabudo, os de 8 a 11 serán o grupo Palimocolocoloco. O grupo Bechobichoboladanza acolle aos nenos e nenas de entre 9 e 14 anos. Polo seu lado, de 10 a 14 anos tamén haberá outro grupo, o Malala e de 15 a 18 será o grupo Palimoquiños.

Así pois, para os maiores de 18 haberá tres grupos diferentes: o laboratorio experimental -de 19 a 30 anos-, o grupo de investigación -a partir de 30 anos- e, finalmente, haberá tamén un obradoiro de arte dramática con persoas maiores de 18 anos.

Para máis información ou para consulta de horarios e dispoñibilidade pódese contactar no teléfono 649 948 266 ou no enderezo electrónico escolapalimoco@gmail.com. Así mesmo, recórdase que se terá especial atención ás medidas covid.