Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXALugoMonforte

Os hospitais de Lugo, Burela e Monforte contarán cun equipo radiocirúrxico

Por 19 Agosto, 2021Sin comentarios

O Hula vén de estrenar un dos 37 equipos radiocirúrxicos destinados aos hospitais galegos, que tamén se instalarán nos centros de Monforte e Burela. Este novo equipamento achega ferramentas punteiras de diagnóstico e tratamentos coas doses máis baixas posibles, o que supón unha mellora dos procedementos cirúrxicos e unha maior seguridade para os pacientes.

O equipo instalado no Hula é un dos tres radiocirúrxicos ten un custo superior aos 200.000 euros. Todos eles están destinados en exclusiva aos quirófanos de cirurxía vascular, permitindo a realización de técnicas complexas de cirurxía vascular como a reparación endovascular de vasos arteriais periféricos en membros inferiores, sistema carotídeo e enfermidade dexenerativa da aorta torácica e abdominal, tanto oclusiva como aneurismática. Ademais do equipamento do Hula, os outros dous radiocirúrxicos vasculares instalaranse no Hospital Universitario de Ourense e no Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Os restantes 34 equipos radiocirúrxicos permitirán renovar os equipamentos existentes nos bloques cirúrxicos para o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc. Os aparellos adquiridos dispoñen de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, e a capacidade de integración de imaxe e das doses impartidas.

Os novos equipos repártense entre as sete áreas sanitarias galegas. Así, na área lucense,  destinaranse catro ao Hula,  dous ao Hospital da Mariña e un ao Hospital de Monforte.

O equipamento deste expediente de contratación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.