Skip to main content
Axenda Caducada

Volve o Concurso de Tapas de Lugo

Por 30 Agosto, 2021Novembro 21st, 2021Sin comentarios

Presentouse a XVI edición do Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar entre o 5 e o 21 de novembro, nela participaron a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real.

Maite Ferreiro destacou “a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local especialmente neste momento de recuperación para o sector”. Pola súa banda, Cheché Real destacou “o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso“

As inscricións ao XVI concurso de tapas de Lugo estarán abertas entre o 1 e o 15 de setembro. Entre o 5 e o 21 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as 12 finalistas. Un xurado profesional outorgará premios entre os 12 finalistas.

Debido á situación epidemiolóxica, o concurso poderá modificarse para cumprir coas restriccións sanitarias vixentes en cada momento.

Casetas do polbo

Maite Ferreiro afirmou que “desde a área de Cultura entendemos que as incertidume creada polos constantes cambios marcados pola Xunta nas medidas sanitarias non incentivaron a participación no concurso das casetas”. A edil de Cultura explicou que “por segundo ano permitiremos que os distintos locais de hostalería coloquen caldeiros na rúa para vender polbo durante o San Froilán”. Segundo a edil de Cultura, “este ano a seguridade das asistentes volverá ser o eixo do San Froilán, que se realizará seguindo a normativa sanitaria vixente no momento”.