Skip to main content
Monterroso

Xa hai nova data para o 8º Slalom Concello de Monterroso

Por 1 Agosto, 2021Sin comentarios

Dende o Concello de Monterroso e a escudería MixRalyeSports comunican o aprazamento do 8º slalom Concello de Monterroso, sendo esta proba a que abría o campionato galego de Slálom 2021.

A razón pola que se apraza é a alta incidencia da covid19 no Concello de Monterroso, que pasou a nivel máximo de restricións. A pesar de que a proba está permitida por sanidade, dende a organización son conscientes da actual situación sanitaria e das duras restricións que supón este nivel para a hostalaría, polo que consideran que a mellor opción é o aprazamento.

Así mesmo, no momento desta decisión xa había inscritos 37 equipos na proba, estando aínda aberto o prazo de inscrición, o que significa a boa acollida que estaba tendo, así coma as gañas de deportistas de levala a cabo.

Sen embargo, e polo ben de todos e de todas os participantes, espectadores e organizadores, e pola súa seguridade, dende a Concello de Monterroso e da escudería MixRalyeSports mudaron a competición para o 18 de setembro coa confianza de que a situación mellore e se poida realizar unha competición que mereza a pena e que teña máis seguridade.