Skip to main content
Monterroso

Aprazados dous festivais de danza en Monterroso

Por 2 Agosto, 2021Sin comentarios

A asociación Falcatrueiros Monterroso informa do aprazamento dos festivais marcados para o 7 e para o 10 de agosto a causa da actual situación que vive Monterroso.

Desta maneira, o XXIV festival infantil de danza levarase a cabo o vindeiro 24 de agosto a partir das 20 horas. A xornada contará con pasarrúas e a actuación do artista invitado Nelson Quinteiro, co espectáculo infantil Barullo!, do que nenos e nenas poderán disfrutar na cúpula de Monterroso. Así mesmo, tamén se contará con exposicións das escolas de pintura e de restauración para vivir un día repleto de cultura e de ocio.

Por outra beira, o XXXV Festival internacional de danza trasládase ao 25 de agosto, ás 21:45 horas. Neste caso, tamén se realizarán pasarrúas e haberá espectáculos dos artistas invitados: Comando Curuxás e Nova Galega Danza. O escenario será o mesmo e tamén poderán contemplar as exposicións das escolas de pintura e de restauración.

Dúas xornadas cheas de danza, espectáculos e cultura nas que veciños, veciñas e visitantes de Monterroso poderán vivir e gozar, levando a cabo en todo momento, as normas sanitarias vixentes.