Skip to main content
Monterroso

O BNG de Monterroso insta ao Concello a municipalización do SAF

Por 6 Agosto, 2021Agosto 7th, 2021Sin comentarios

O BNG en Monterroso avoga que o Servizo de Axuda no Fogar, recentemente privatizado, volva a ser de xestionado polo Concello de Monterroso. Tras a súa privatización no pasado mes de maio, o servizo mantén deficiencias con menos horas de servizo e máis precariedade ás traballadoras e traballadores.

Neste senso, o portavoz local do BNG, Brais Vázquez declarou “é inaceptábel a desatención por parte do goberno municipal coas traballadoras e traballadores do SAF, está deixando na máxima precariedade ás traballadoras e traballadores como o propio servizo do que dependen tantas persoas para poder conciliar e ter unha vellez digna”.

Brais Vázquez fixo fincapé en que a única maneira de garantir a calidade e a estabilidade do servizo é municipalizar de novo o servizo “polo que seguiremos insistindo que o SAF volva a ser público, vése que a privatización non é a fórmula para garantir un servizo público de calidade”.