Skip to main content
Monterroso

O comercio na rúa chega a Monterroso

Por 7 Agosto, 2021Sin comentarios

Monterroso acolle no día de hoxe o comercio na rúa. Na iniciativa, que xa estivo presente na xornada de onte, atópanse 24 comercios e pódese participar nun sorteo de 400 euros durante estes dous días.

Así mesmo, na xornada de onte contouse cunha actuación de Festicultores Toupe polas rúas onde se ubican os comercios para animar o ambiente e para facer destes días de comercio, xornadas amenas e lúdicas.

Por iso, dende o Concello animan a todos os veciños e veciñas, así coma visitantes a participar nesta xornada.