Skip to main content
Portomarín

Éxito no VI Encontro Xacobeo Peregrinas de Portomarín

Por 14 Agosto, 2021Sin comentarios

O pasado xoves celebrouse na praza do Concello de Portomarín, o VI Encontro Xacobeo Peregrinas, unha iniciativa a través da que se pretende visibilizar o papel destacado das mulleres en Galicia e a importancia do emprendemento feminino, así como potenciar o valor do Camiño de Santiago.

No encontro, no que tamén participaron a escritora Laurie Dennet, a xogadora de balonmán Begoña Fernández e a pianista Lis Teuntor, Lorenzana avogou por un marco lexislativo que regule e impulse en Galicia a igualdade laboral.

O obxectivo, segundo se explicou, é promover un mercado laboral “máis saudable” que racionalice os horarios e permita conciliar o traballo coa vida familiar e fomentar unha sociedade máis corresponsable á hora de definir roles de parella nas tarefas do fogar.

Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia destacou o impacto económico que desenvolve o Camiño de Santiago, sobre todo no emprego, a través do tecido produtivo con aloxamentos e servizos para peregrinos que xorden arredor das rutas.

#IgualdadeFollowers

Para rematar, púxose en valor a campaña #IgualdadeFollowers, que o goberno galego está desenvolvendo xunto coa Asociación de Periodistas de Galicia, e na que participan 20 personalidades e influencers galegos de diversos ámbitos como o deporte, a música, a cociña ou o emprendemento. Trátase de reivindicar a través das redes sociais o papel da muller en Galicia e concienciar á mocidade sobre a importancia da perspectiva de xénero.

Na campaña participan, entre outros, Esther Estévez, presentadora do espazo DígochoEu da TVG; Manuel Loureiro, escritor e avogado; Jorge López e Tatiana González, cofundadores da empresa Beflamboyant e premiados co galardón Talento Mozo Xunta 2020; Mari Carmen Villar, influencer en lingua de signos do canle de YouTube Familia Vázquez; e Gabri Fuentes, presentador do espazo Menos dun minuto da TVG.

Tamén forman parte coas súas testemuñas Roi Méndez, cantante, guitarrista, actor e ex concursante de Operación Triunfo (OT) 2017; Teresa Portela, piragüista e campioa de 15 medallas en campionatos do mundo; Tamara Echegoyen, medalla de ouro de vela nos Xogos Olímpicos de Londres 2012; Borja Golán, campión de Europa de squash en Chequia 2016 e en Austria 2018; María Murnau, activista feminista, escritora e autora de Feminismo ilustrado e Diario dunha rebelde; Sabela Ramil, cantante, clarinetista e ex concursante de Operación Triunfo (OT) 2019; Susana Rodríguez, médica e campioa de triatlon nos Xogos Paralímpicos de Australia 2018; Borja López, xogador do circuíto mundial de padel (World Padel Tour); Sofía Toro, medalla de ouro de vela nos Xogos Olímpicos de Londres 2012; Erea Louro, influencer especializada en moda e creadora do blog All that she wants; Héctor Ares, xornalista especializado en motor e finalista do certame nacional Influencer Award 2020; Sara Donoso, crítica e comisaria de arte e premio Talento Xunta de Galicia 2020; Cristian Vidal, investigador, especialista en química orgánica sintética e premio Talento Mozo Xunta de Galicia 2020; e Iván Mariñas, finalista de Masterchef 8.

Un espazo de reflexión

Xacobeo Peregrinas nace co obxectivo de xerar espazos de reflexión que fomenten o intercambio de experiencias arredor da peregrinación e o Camiño de Santiago coa muller como protagonista a través das experiencias e reflexións que ofrecerán as diferentes convidadas. Cada mesa ten lugar nun Camiño e conta con figuras senlleiras e recoñecidas en moi diferentes ámbitos de coñecemento. Cada un destes encontros acolle mulleres relevantes en distintas disciplinas profesionais.