Skip to main content
Sober

A banda de música de Muimenta chega o sábado a Sober

Por 18 Agosto, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A banda de música popular de Muimenta realizará o vindeiro sábado 21 de agosto un concerto na praza do Toural de Sober. A actuación será ás 20 horas e cumpliranse as medidas sanitarias correspondentes.

Así pois, este concerto entra dentro do programa O país das bandas, promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22