Skip to main content
Chantada

Javi Villa conquista a 47 Subida de Chantada

Por 2 Agosto, 2021Sin comentarios

A 47 Subida de Chantada xa ten gañadores. Así pois, na tarde de onte entregáronse os premios dunha xornada histórica para o automobilismo nacional.

Javi Villa foi o campión absoluto, ademais de lograr o récord na proba, que ata o día de onte estaba en mans de Andrés Vilariño -cun crono de 1:44:61-. Desta maneira, Villa co BRC BR53, logrou parar o reloxo no 1:44:356. Así mesmo, logrou ser o máis rápido na Categoría II, por diante de Raúl Ferre (Silver Car CS) que se afastou tan só en 1″207 na suma total do vencedor.

Na categoría I, José Antonio López-Fombona con Lamborghini Huracán Super trofeo, logrou a primeira posición por diante de Manuel Avilés e o seu Ginetta G50, superando o vencedor en 2″812 ao segundo.

Finalmente, Édgar Montella (Silver Car S3) impúxose na categoría III por centésimas do segundo sobre Garitzkoiz Flores e o seu Talex M3, mentras terceiro finalizaba Mario Asenjo con Silver Car S3.

Unha xornada intensa, con boa participación e presenza de público. Chantada converteuse no centro do automobilismo durante esta fin de semana, disfrutando e emocionando, nun espazo único.