Skip to main content
Chantada

Comezan os espectáculos de agosto en Chantada

Por 4 Agosto, 2021Agosto 5th, 2021Sin comentarios

Continúa o verán cultural no Concello de Chantada no que se van a levar a cabo multitude de actividades de teatro, música, cince, contos, maxia e exposicións entre outras xornadas máis.

Así pois, o vindeiro venres día 6 o Baobad Teatro trae ao auditorio de Chantada o espectáculo Ris-Ras, no que fará que os espectadores viaxen a través da música, de xogos e historias tradicionais da man dun trasno do amor entre Catarina y Lorenzo.

Esta actuación nace da necesidade de dar continuidade a un proxecto de investigación sobre a nosa lingua, que fixeron dende a compañía no ano 2017. or iso, nace poñendo en valor a nosa lingua e co obxectivo de profundizar nos ditos populares, refráns, poemas e enredos menos coñecidos para que non se perdan.

O espectáculo realizarase ás 20 horas e, anteriormente, dende as 16 ata as 20 horas, levarase a cabo a I Xornada O Camiño, un espazo de diálogo.