Skip to main content
Chantada

Avanza a licitación das obras de mellora da rúa do Comercio en Chantada

Por 6 Agosto, 2021Sin comentarios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará case 190.000 euros, un 70% do orzamento total, para a execución das obras de mellora da accesibilidade da rúa do Comercio en Chantada.

Pata iso, a conselleira, Ángeles Vázquez, e o rexedor, Manuel Lorenzo Varela, asinaron esta semana o acordo de colaboración, onde se recolle que se licitarán as obras unha vez que se conte co proxecto redactado polo Concello, que tamén asumirá o mantemento e conservación, unha vez recepcionadas as actuacións, e un 30% do orzamento da actuación (case 82.000 euros).

Así pois, indicouse que este tipo de iniciativas son prioritarias para mellorar os espazos das vilas galegas e, sobre todo, aqueles que melloran a funcionalidade e dan prioridade de uso aos veciños.