Skip to main content
Chantada

Preocupación polo estado dos encoros na conca do Miño-Sil

Por 23 Agosto, 2021Sin comentarios

Estase a vixiar a evolución dos niveis de ocupación dos encoros de As Portas, Cenza, Salas e Belesar, na conca hidrográfica do Miño-Sil, ao considerar que a súa situación actual é moi preocupante e que un posible escenario de seca en Galicia durante os vindeiros meses podería agravala aínda máis.

Segundo as comprobacións feitas nas últimas horas polo organismo responsable do establecemento e control do caudal ecolóxico na Comunidade, cómpre subliñar que os datos de ocupación nestes catro encoros non son os esperados nin os habituais para esta época do ano.

De feito, no caso do encoro de Belesar, en Lugo os informes indican que o seu actual nivel de ocupación —30,1% respectivamente— non se alcanzou o ano pasado ata finais do mes de outubro.

Neste sentido, cómpre subliñar que o outono adoita ser a época de maior seca en Galicia, de xeito que os encoros alcanzan os seus niveis máis baixos cara a finais de outubro. Pero tendo en conta a actual ocupación de Belesar, Salas e sobre todo, As Portas e Cenza, se non chove nos vindeiros meses a situación podería complicarse moito.

Así mesmo, axentes ambientais desprazáronse ata os catro encoros sen constatar polo momento afeccións sobre a fauna ou a flora. Estas inspeccións de oficio foron ordenadas desde o departamento de Patrimonio Natural co fin de comprobar a existencia de posibles danos na biodiversidade e volverán repetirse nos vindeiros días todas as veces que sexan necesarias, para verificar que se respecta o caudal ecolóxico establecido en cada caso co fin, precisamente, de garantir a cantidade de auga necesaria para preservar os valores ecolóxicos deste tipo de masas.

En definitiva e ante a situación xerada pola incomprensible decisión dos titulares dos aproveitamentos hidroeléctricos de Belesar, Salas, As Portas e Cenza de baleirar estes encoros, advírtese de que seguirá vixiante e non dubidará en actuar con rapidez e contundencia se detecta o máis mínimo incumprimento do caudal ecolóxico ou calquera tipo de consecuencias ambientais nestas zonas.