Skip to main content
Chantada

Chantada recibe un espectáculo de maxia

Por 24 Agosto, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Chega a maxia ao Concello de Chantada. Así pois, o mago Paco estará mañá mércores 25 de agosto na praza do Cantón para divertir a nenos e maiores nunha sesión de Maxia divertida 3.0.

A actuación realizarase ás 12 horas e nela, o mago Paco realizará unha actividade de animación á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Desta volta mestura a risa coma elemento principal para sorprender aos máis pequenos e pequenas coas súas historias cheas de maxia.