Skip to main content
Monforte

O Ateneo acolle a presentación do libro Piedra, papel y zobeira

Por 5 Agosto, 2021Agosto 6th, 2021Sin comentarios

O vindeiro venres 6 ás 20 horas, o escritor Juan Álvarez presenta no Ateneo a novela de misterio, Piedra, papel y Zobeira.

Juan Álvarez, barcelonés afincado na Mancha, aproveita a súa visita a Galicia para facer unha pequena xira de presentacións desta a súa segunda novela.

No acto participará Xosé Manuel Fernández (de Hermanager Producións), veciño monfortino e amigo do autor.

Piedra, papel y Zobeira transcorre entre Calahorra (A Rioxa), Newark (EEUU) e Terras de Trives, onde o autor ten raíces familiares. A novela ten como protagonista a Félix, un músico de ficción que formou parte das mellores bandas americanas. Tras herdar unha casa regresa a Trives, onde se atopa cun misterio relacionado cos romanos e a Vía Nova.

A entrada é libre previa reserva no teléfono 648 435 033, preferentemente por WhatsApp.