Skip to main content
Monforte

O Museo Pazo de Tor é un dos gañadores dos premios Travellers’ Choice 2021

Por 23 Agosto, 2021Sin comentarios

Tripadvisor acaba de distinguir ao Museo Pazo de Tor, situado en Monforte de Lemos e integrado na Rede Museística da Deputación de Lugo, como un dos gañadores dos premios Travellers’ Choice 2021.

Esta é unha distinción que se concede a aqueles que ofrecen experiencias turísticas e que recibiron opinións e puntuacións positivas durante este último ano. Así pois, considérase que o Museo Pazo de Tor logrou destacar por ofrecer “un servizo e unhas experiencias incríbles aos seus clientes”.

Desta maneira, dende a Rede Museística da Deputación de Lugo queren agradecer a todas aquelas persoas que, cos seus comentarios favorables sobre Museo Pazo de Tor, fixeron posible esta distinción.