Skip to main content
Monforte

O museo Pazo de Tor acolle a exposición Viaxe no Tempo

Por 29 Agosto, 2021Agosto 30th, 2021Sin comentarios

A partir do día 1 de setembro pode visitarse no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) a exposición Viaxe no Tempo. Esta mostra é o resultado dun proxecto de recompilación de imaxes fotográficas antigas doadas polos e polas habitantes de Barreiros e Ribadeo para a súa dixitalización, restauración e, en casos concretos, o seu coloreado.

Fíxose unha convocatoria a través das redes sociais, coa colaboración dos Concellos de Barreiros e Ribadeo, convidando á participación. As fotografías, unha vez recollidas e escaneadas, foron devoltas aos seus propietarios e propietarias, o que permitiu traballar na versión dixital. Unha vez dixitalizadas, ordenáronse e catalogáronse, grazas ao cal logrouse facer esta selección coa que podemos volver atrás no tempo e descubrir o pasado destes municipios.

Viaxe no Tempo foi deseñado, creado e organizado pola especialidade de Produción Fotográfica do Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria. Colabora a Rede Museística Provincial de Lugo. Operación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE). O FSE inviste no teu futuro.

Con esta mostra, a Rede Museística da Deputación de Lugo incide no lema do ICOM para este ano de Recuperar e reimaxinar a través do seu programa de Vencellos coa memoria.