Skip to main content
A Pobra do Brollón

O PP da Pobra do Brollón insta ao Concello o desbroce das vías municipais

Por 25 Agosto, 2021Sin comentarios

O Partido Popular da Pobra do Brollón advirte da “perigosidade que presentan as vías municipais que este ano non foron rozadas. Estamos a finais de agosto e aínda están as marxes das estradas municipais sen rozar”, condena o portavoz, Fernando Parada.

O Grupo Municipal Popular insiste, polo tanto, ao goberno local a posta en marcha canto antes do dispositivo de desbroce das marxes das estradas municipais que dan acceso aos núcleos de poboación do municipio.

Os populares xa denunciaran esta situación o mes pasado. Parada explica que “son moitos os veciños que nos teñen trasladado as súas queixas polo estado que presentan as pistas invadidas pola maleza”.

O popular advirte de que “a maleza supón problemas para a seguridade dos usuarios porque reduce a visibilidade tanto dos vehículos coma dos peóns”. Ademais, “esta situación ofrece unha mala imaxe do noso municipio”.

O voceiro do PP cre que “o alcalde e o goberno municipal están a desentenderse de coidado das vías municipais que serven de acceso ás vivendas dos veciños e tamén aos puntos de interese turístico coma rutas que se atopan inaccesibles pola falta de desbroce”.

O popular considera, ademais, “unha incongruencia” que o goberno local se dirixa aos veciños para esixirlles a limpeza das súas fincas, pero que o propio Concello non acondicione as marxes das estradas que son da súa titularidade. Nese sentido, Parada cre que “a administración local debería dar exemplo e manter controlada a maleza nos terreos que son da súa titularidade para contribuír a evitar riscos de incendio”.