Skip to main content
Quiroga

Quiroga celebra o I torneo Street Volei

Por 14 Agosto, 2021Sin comentarios

Quiroga acolle o I torneo Street Volei na modalidade de 2×2, dirixido a nenos e nenas menores de 14 anos. Con esto, búscase que os máis pequenos poidan gozar de diferentes actividades e deportes para un verán saudable e lúdico.

O torneo levarase a cabo no parque da Constitución o martes e mércores 17 e 18 de agosto. A hora a que se celebrarán os diferentes partidos será a partir das 19 horas e a inscrición realizarase por parellas no mesmo lugar antes do inicio.

Dende a organización animan a participar a todos aqueles e aquelas que desexen pasar dúas xornadas de ocio e deportivas, nas que prime a seguridade e a diversión.