Skip to main content
Quiroga

Chega un ano máis o XXII Encontro de Poetas no Val de Quiroga

Por 26 Agosto, 2021Agosto 27th, 2021Sin comentarios

Quiroga celebra este vindeiro sábado 28 de agosto o XXII Encontro de Poetas no Val de Quiroga. A cita levarase a cabo a partir das sete do serán, na Casa da Cultura e está organizada polo Concello.

Así pois, todas as persoas que desexen asistir coma público ao encontro non precisan anotarse. O certame poético será presentado polo poeta ponferradino Emilio Vega, contando como pregoeira para esta nova edición coa escritora de Ponferrada Raquel Villlanueva Lorca.

Máis dunha trintena de poetas e poetisas están xa anotados para participar na XXII edición, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que incorporanse por primeira vez ao Encontro de Poetas no Val de Quiroga.

O acto contará coa música en directo do cantautor Javier Rodríguez Sotuela e o dúo Yoton integrado por Toni Eudosieva e Yoan Grudikov.

Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas e poetisas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra.

Unha vez rematado o evento entregaráselles a todos participantes do certame un pequeno detalle para agradecerlles a súa participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.