Skip to main content
Quiroga

Quiroga traballa nos festexos de outono

Por 30 Agosto, 2021Sin comentarios

O viño e o Camiño de Inverno serán os protagonistas deste outono en Quiroga. Co concerto da Roda e a celebración dun novo encontro de poetas remata esta fin de semana o verán cultural de Quiroga e comeza a programación de outono.

Unha data importante na época outonal é a celebración do San Martiño. O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, anunciou que se traballa xa no programa de actos do patrón da vila quiroguesa , onde por tradición se comen as castañas e se bebe o viño novo. Precisamente o viño terá o protagonismo que non se lle puido dar este ano.

Contando coa colaboración dunha importante persoa vinculada a un grupo televisivo, estanse poñendo sobre a mesa ideas que xuntarán o viño co camiño de inverno. Non en van, como matizou o rexedor local, Quiroga ten o maior número de km do camiño de Inverno, 36 km.

Recordando a importancia deste camiño dentro do municipio a vindeira semana comenzará a pintarse un mural de grandes dimensións que terá como protagonista unha peregrina, na praza da rúa Lago, moi preto da praza Maior, lugar no que por tradición se celebra a festa do San Martiño.

Con esta xuntanza de temas é cos que se vai traballar na organización dunha xornada festiva en Quiroga, por ser o día do patrón, e que en palabras do alcalde levará por título “San Martiño co viño no Camiño”.